Novamente estamos en exames e novamente a nosa USC da mostras de estar á cola da realidadee social do estudantado e a anos luz doutras universidades españolas, que presumindo menos de excelencia logran facilitarlle a vida bastante máis aos seus estudantes.
Se foramos estudantes de universidades como Sevilla, Valencia, Oviedo, Salamanca, Madrid, Barcelona ou a UPV/EHU poderíamos utilizar durante todo o ano algunha das nosas bibliotecas máis alá das 10 de noite. E en horario de exames teríamos sempre algún centro aberto máis ala das 3 da mañán. algunhas destas universidades teñen todo o ano as súas biblitoecas máis utilizadas abertas ata as 3 da mañán e en horario de exámenes chegan a ter o servicio operativo as 24h.
Desgraciadamente algo moi lonxano do que ocorre na USC. Algún de nós inda podemos recordar cando tódolos centros da USC abrían os sábados, podíamos estudar, prestar libros etc. Logo chegou o feche e a reducción de horarios das poucas bibliotecas que quedaron abertas no fin de semana... de ordinario fechan ás 7 da tarde...
Por qué no resto das Universidades o servizo mellora e na USC perdemos dereitos, servizos, etc.??????????
Ahí vai unha cousa máis que hai que cambiar na NOSA USC.