Hoxe o noso Reitor acaba de dar a coletilla dun mandato que afortunadamente rematará pronto. Decidiu rematar de forma unilateral co tradicional nome do noso Campus SUR, que a partir de agora será coñecido polo nome do seu faraónico proxecto CAMPUS VIDA.
Sen que ninguén lles preguntara, os alumnos de psicoloxía, de física, de química, de pedagoxía, de dereito, de ciencias políticas ou de relacións laborais acaban de pasar a formar parte do CAMPUS VIDA. Cousa que non creo que lle faga moita graza tampouco, ó´s profesores de matemáticas, de relacións laborais, etc.
É dicir, o REITOR tomou unha medida dun valor simbólico incalculable dunha forma totalmente antidemocrática e caciquil. Ademáis para intentar lexitimar un proxecto que NIN SEQUERA é un campus de excelencia internacional, de feito o propio ministerio o di, alegando que para selo a USC debería ARRANXAR unha serie de lagoas, como a calidade docente, a mellora investigadora, a interacción do campus no seu entorno, etc. O ministerio o di moi claro aquí, na mesma data que Senén anunciou o CAMPUS DE EXCELENCIA INTERNACIONAL http://www.educacion.es/dctm/campus-excelencia/2009-resolucion-2-fase.pdf?documentId=0901e72b80095da9
Esiximos inmediatamente a rectificación, o CAMPUS SUR da USC, é o campus SUR dos seus alumnos, e o campus vida é unha mentira... porque realmente non é un campus de excelencia Internacional.
Crearemos un grupo no facebook para facer fan!!! Participade!!!!