No facebook saiu un tema moi interesante, o das tasas académicas.
Como ben sabedes tódolos anos cando renovamos a nosa matrícula na USC pagamos unha serie de gastos fixos e independentes de que teñamos ou non beca que son os encargados de sufragar ter aberto o noso expediente, etc.
Senembargo (ten a mesma sonoridade que Senén Barro) cada vez que necesitamos un certificado académico persoal temos que abonar 22€, nada maís e nada menos que polo MESMO papel que nos dan gratuitamente coa INESTIMABLE firma dun señor que nos custa esa nada desdeñable suma de 22€. Máis de 3000pts por firmar un papel... ¡¡viva a USC!!
Ademáis parece increible que se queremos optar a un beca no extranxeiro teñamos que pagar ese 22€ máis unha traducción xurada que nos pode valer un auténtico pastizal. ¿Pq carallo a USC non pode imprimir ese mesmo papeliño en Inglés e francés? ¿cústalle moito?, ¿ao mellor entonces nos cobrarían 100€ por un folio firmado?
Certificados académicos persoales gratis para estudantes que pagamos as nosas TASAS XA!!!