domingo, 31 de enero de 2010

Cafeterias da USC, Servizo ou negocio?

Moitas das nosas ganas de cambiar, vense reflexadas nos servizos de cafeterías da USC, que queremos que sexa entendido pola universidade coma un SERVIZO e non un negocio de hostelería.

Xa vemos como suben os prezos (non dacordo ao IPC) e cal é a lista básica de produtos: donuts, palmeras ... por non dicir que a abreviatura de gramos, Vicerreitor Mayan, é simplemente a letra g, e non grs.

- Onde están a froita? e os lacteos?

É curioso, falan de dieta atlántica ... e ven con bos ollos un produto básico de consumo a pastelaría industrial (donuts, palmeras ...)

- Que é iso de barra/mesa?
non debería ser un so prezo, e a xente que quere sentarse nunha mesa, que o faga, e despois colabore levando o vaso, taza ou prato ao mostrador?

- Non vos parece prezos para nada "universitarios"?

Non vamos contra das persoas que traballan nas cafeterías ... pero teñen que entender que so nos move a ansia de mellorar o servizo.

Por iso vos propoñemos que entre todos fagamos unha lista do que deberían ser os produtos básicos dunha lista e os seus prezos.

Así como outras cousas, ideas ... que poderían implementarse. Por ex., debería de ser totalmente normal e natural que aquela xente que veña co tupperware e o seu xantar ou bocadillo da casa, puidera facer uso das cafeterías ... podería ser posible instalar fornos microondas. Agora, en moito cafeterías da USC, tes a sensación de que se vas coa túa comida, é como noutro bar-hostelería calquer, que non se pode facer.

Cambiamos a USC ¡


P.D: No noso facebook adxuntamos os pdf cos prezos das cafeterías dos cursos 07/08 e 08/09, alí poderedes ver como a suba é superior ó incremento do IPC.