jueves, 25 de febrero de 2010

Monorail na USC

Chegounos este post dun compañeiro que estuda dirección de empresas no Campus Norte, estades dacordo?

Mandade os vosos post a eucambioausc@gmail.com

------------------------------------------------------------------

A crise económica se esta cebando no noso país coa xente do montón, o que xa empeza a constatarse nas arcas dos distintos entes públicos debido ao descenso dos ingresos e á dificultade de control do gasto. O ámbito universitario non é alleo a esta circunstancia e vai ter que apretarse o cinto.

No caso da universidade á que pertencemos o problema tamén se fará patente e deberase, como xa anunciaron, reducir gastos correntes como auga, luz, teléfono,... co que espera reducir o déficit para poder seguir mantendo o nivel actual. Todo isto parece razoable pero o problema nace no momento en que non se toma en consideración a conxuntura económica actual e os xestores universitarios dedícanse a anunciar, por unha banda, mega investimentos, sen un proxecto claro de financiamento, ¿Merece a pena quitarlle a calefacción aos estudantes e aos profesores ou merece a pena pensar de onde van a sair o 70% das novas construccións que ten que pagar directamente a USC?

Pero claro, se temos o 30% pago, é unha pena non construir... se só temos que que pagar o 70% é unha ganga... xa pensarán outros como pagar o pufo.

Como non quero falar do manido Campus vida, vou por outro exemplo igual de aberrante: O caso de Lugo 2015 no que pretenden facer grandes edificios, grandes áreas de investigación, grandes investimentos... Pero esquecendo que os proxectos necesitan financiamento. Pode resultar vantaxoso desde un punto mediático elaborar este tipo de plans para que os membros da USC non vexan que se tiraron pola borda catro anos de xestión nesta entidade, pero economicamente desde logo que non o é porque o coñecemento da situación económica real, que xa é é incompleta actualmente, complicarase máis no futuro, deixando desta maneira unha hipoteca a vindeiros xestores, e a vindeiros estudantes.

A realidade é que os gastos universitarios en Santiago están descontrolados. O que non se pode consentir é que se expoñan proxectos desta índole posto que o único que favorecen é que os gastos non poidan ser previstos e, con iso, un aumento descontrolado da débeda. Ademais este efecto o sufrirán MÁIS os estudantes, posto que os servizos veranse recortados e as taxas subirán para pagar esa débeda, o que provocará unha redución da redacción prezo-calidade para os estudantes... acabando cun panorama inda máis negro que o actual.

En definitiva: É unha realidade que podemos ter mellores servizos aforrando cartos na USC, pq estamos malgastando moitos cartos... Á USC e ás plataformas que a gobernan pasalles o mesmo que aos habitantes do Springfield dos Simpson... podendo elexir entre arranxar a cidade ou construir un monorail... elixen monorail...

Na USC entre arranxar a nosa universidade ou tirar os cartos eleximos CamPUS VIDA, Lugo 2015, etc.