viernes, 12 de febrero de 2010

1000 e Chapas

Prezados lectores de eu Cambio a USC. estamos maravillados polo alto número de visitas do noso blog, xa pasamos dos 1000 visitantes, e temos 265 fans no facebook.

Queremos agradecervos a todos as vosas visitas, os vosos comentarios, o voso apoio e a vosa difusión.

Pasamos de ser un grupo de 4 amigos, a ser un grupo de 264 persoas desexosas de cambiar á USC, de implicar aos seus estudantes nela, e de facer que a voz REAL dos seus alumnos sexa escoitada, porque, por fin, FALAN.

Para celebrar estas mil visitas e 265 fans acabamos de sacar unha boa tiradiña de pequenas chapiñas¡¡¡¡ Non é pq as fixeramos nós artesanalmente a baixo custe... pero realmente quedaron moi ben. Se algún de vós quere chapiñas poñedevos en contacto con nós en eucambioausc@gmail.com ou polo facebook. ¡¡Son gratis!!


Apertas a todos e a seguir propoñendo e queixando :D