miércoles, 17 de febrero de 2010
Servizo dental...USC
Moitos de nos o descoñecemos, pero a Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, posúe un servizo clínico con acceso público de atención odontolóxica.
Os prezos son sensiblemente menores aos das clínicas privadas, e son estudantes asistidos polos docentes quen realizan diagnósticos e os tratamentos necesarios.
O lóxico sería que os membros da Comunidade Universitaria, tiveran mellor coñecemento e facilidades de acceso a este servizo, facilidades de pago para certos tratamentos máis caros, opción dunha revisión programada anual...
O feito de non posuír uns recursos económicos suficientes, non debe impedir o acceso á saúde. Dalgún xeito, os tratamentos bucodentais, non están ao alcance de todos e todas nos. Coidamos que o ter o maior número de servizos dentro da USC, para a xente da USC e tamén abertos á sociedade ... sería un feito real e práctico do que é a Autonomía Universitaria, e dar un servizo á sociedade, que por mor de desigualdades económicas impide que persoas e diversos colectivos non poidan acceder ás clínicas privadas.
Non coidades que estes servizos deberían ser incentivados, dados a coñecer?
… e que dalgún xeito fose o Goberno da USC quen o promocionara?
... incluso a nivel de realizar campañas de saúde bucodental nos centros?
Agardamos os ideas respecto o tema proposto, especialmente de estudantes que fan Odontoloxía, que de seguro nos poden informar máis do tema.