martes, 23 de marzo de 2010

Unha candidata moi copiona

Están chegándonos ao mail (señal de que siguen o Facebook e leen o noso blog) diferentes mensaxes dos candidatos a Reitor.

Onte chegounos o de Laura Sánchez Piñón, a anterior conselleira de educación, culpable dunha das maiores subidas de tasas da historia e a persoa que lle negou a universidade Pública galega un novo plan de financiación. Pois ben.

Vos imaxinades a carta de presentación á Comunidade Universitaria, dunha candidata que quere ser reitora, onde:

-entresacamos parrafos moi "rimbombantes" (en NEGRITA)
- os traducimos ao castelán (entre comillas)
- e os metemos no google ...

tachín tachán...

Comezan a aparecer en textos doutras universidades (programas electorais, presentacións institucionais) e incluso na páxina web das hermanas trinitarias (nosotros nos derretimos especialmentecon lo de "o saber impregna o noso modo de ser e facer")

Pues ahi va, cada un que saque as súas propias conclusións.




----- Original Message -----

From: Laura Sánchez Piñón

To: laura.sanchez.2010@usc.es

Sent: Monday, March 22, 2010 4:23 PM

Subject: Candidatura de Laura Sánchez a Reitoría da USC





Estimados compañeiros:

Quero compartir con vós un momento de especial significado para min. No día de hoxe veño de oficializar, no Campus de Lugo, a miña candidatura ao Reitorado da nosa Universidade, un momento moi emotivo que me fai evocar outros moitos da miña traxectoria académica: o día en que comecei a dar clase; os primeiros traballos en equipo, e a data na que optei á cátedra, entre outros.

Momentos como o de hoxe lévanme a afirmar que Universidade é algo máis que docencia e investigación. É cultura, participación, solidariedade e vida universitaria e, sobre todo, un ánimo convencido de que o saber impregna o noso modo de ser e de facer.

Estou certa de que con este paso comezo a devolverlle á Universidade todo o que ela me aportou: formación, carreira científica, experiencia en xestión e ilusión; a ilusión que cada día definiu todas aquelas actuacións que fun desenvolvendo e que me aportou a forza necesaria para deseñar e acometer o proxecto que agora lidero.

Trátase dunha proposta, que se centra nas persoas e na participación de todos vós, un proxecto avalado por aqueles que senten e aman a universidade e que ven no seu futuro compromiso co coñecemento, revalorización da investigación e proxección internacional, todo isto, sen esquecer o verdadeiro eixo do noso esforzo: o alumno.

Por iso nos marcamos como obxectivos fundamentais formar profesionais e cidadáns responsables e comprometidos cos valores do civismo e que contribúan ao desenvolvemento da investigación, da cultura , do saber , que representan os motores do progreso social do século XXI.

Estou segura de que nas próximas datas teremos ocasión de poder afondar nestas e noutras cuestións e de que as vosas opinións e formas de ver a realidade contribuirán a seguir construíndo Universidade, a CREAR FUTURO.

Un cordial saúdo,

Laura Sánchez Piñón

Catedrática de Xenética







“es cultura, participación, solidaridad y vida universitaria”



“el saber impregna nuestro modo de ser y de hacer”



“formar profesionales y ciudadanos responsables y comprometidos con los valores del civismo y que contribuyan al desarrollo de la investigación, de la cultura, del saber, que representan los motores del progreso social del siglo XXI"