miércoles, 31 de marzo de 2010

Ameazas contra a liberdade de Expresión e contra EuCambioaUSC

Dende que Eu Cambio a USC destapou o escándalo do plaxio da ex-conselleira e candidata a reitora da USC Dra. Laura Sánchez Piñón, o noso número de visitas e comentarios aumentou dunha forma extraordinaria.

Por fin o estudantado acadaba información coa que poder plantexar un análise crítico e contidos suficientes como para crear unha opinión pública entre o segundo sector da USC con máis importancia porcentual na elección do/a reitor/a da nosa Universidade.

Non é fácil plantarse ante o poder, tampoco foi fácil destapar os pagos a alumnos feitos polo candidato Fernández Prieto. Pero creemos necesario para a saúde democrática desta institución coñecer todos estes sucesos.

Nos últimos días houbo algún comentarios neste blog suxeríndonos que deixaramos o tema do plaxio e a compra de voto, agora tamén recibimos algúns correos electrónicos onde se nos di que nos convén deixar estes temas de moi diversas formas e a través das máis variopintas suxerencias: pois ben, non o imos facer.

Fernández Prieto pagoulle a alumnos nunha reunión de campaña, e Laura Sánchez Piñón cometeu un plaxio. Non calaremos, non nos plegaremos a ameazas, e dende logo non deixaremos que os "matones" dun ou outro candidato nos amedrenten. Nese senso continuaremos desvelando todo aquelo que creamos desafortunado en calqueira dos 6 candidatos, sexa quen sexa, caiga quen caiga, danos o mesmo que o candidato fora ou sexa: decano, vicedecano, vicereitor, conselleiro, director xeral, director de departamento ou Papa de Roma.

Nós non nos calaremos, e esperamos que ti tampouco.

Grazas a todos por facer deste blog que naceu nunha tarde de cafetería o éxito que é.

Agora máis que nunca colaborade cos vosos artigos en eucambioausc@gmail.com