Novo artículo dende o SUR, esta vez no monte da Condesa.
Estamos flipando... leede.
A semana pasada un candidato a Reitor (non daremos o nome para non facer proselitismo de ningunha candidatura) pediu reunirse cos estudiantes que viven alí para decirlles como ve el o futuro da USC, coñecer o estado dos servizos do SUR, etc.
Ao día seguinte outro candidato (do que SI daremos o nome e entenderedes por qué) ponse en contacto co director da Condesa e pídelle que ao día seguinte da reunión co primeiro candidato lle reuna a el tamén a un grupo moi concreto de alumnos.
Este Luns os alumnos que quixeron da condesa reuníronse co candidato número 1, falaron, escoitaron... o máis normal dentro da normalidade dun proceso electoral inmininente como é a elección de reitor na USC.
Os alumnos residentes no Monte da Condesa esperan que o martes sexa o mesmo pero con outro candidato, pero...non é así.
Só podían ir 18 alumnos seleccionados. E cando estes chegaron alí...topáronse cunha sorpresa... non os esperaba un candidato a Reitor... se non dous empregados dunha MARAVILLOSA EMPRESA DE MARKETING..
Preguntánronlles por logos de campaña bonitos, frases de campaña chamativas... pero o CANDIDATO A REITOR non apareceu por alí e non escoitou o que tiñan que decir os residentes porque os tomou por idiotas. A eles e a tódolos estudantes da USC.
E todos deberíamos estar completamente indignados. O candidato chamábase Lourenzo Fernández Prieto...e creemos que é moi importante que todo o alumnado da USC coñeza esta burla e libremente evalúe se é merecedor do seu voto ou non... Nós, dende logo, pensamos que non.