viernes, 26 de marzo de 2010

Carta a Sánchez Piñón

Hoxe aproximadamente ás 6 da tarde, enviámoslle a carta que adxuntamos a ex-conselleira e candidata a reitora Laura Sánchez Piñón. Queríamos que explicara por qué copiou fragmentos da carta de presentación do Reitor da universidade Pompeu Fabra de Cataluña e da web das hermanas teresianas na carta coa que anunciaba que se presentaba a reitora da USC.

Mandámollelo aos seus dous mails, un o rebotou o servidor, do outro inda estamos esperando respota.

¿Respostará?

Prezada Candidata Dra. Sánchez Piñón

Eu Cambio a USC é un colectivo independente de alumnos da USC que a través do noso blog http://www.eucambioausc.blogspot.com estamos intentando servir de altavoz das carencias e disfuncións da nosa universidade. Como colectivo independiente e non institucionalizado, creemos na participación activa dos estudantes no proceso político de elección do novo reitorado da USC dende unha posición crítica e en función, exclusivamente, dos intereses dos estudantes.

Uns cantos estudantes da USC quixeron publicitar a través do noso blog que na súa carta de presentación como candidata á Reitoría da USC copiou literalmente varios párrafos do saludo institucional do Reitor da Universidade Pompeu Fabra, ou da web da congregación das hermanas teresianas.

Ao longo dos últimos días foron moitos os estudante que nos informaron de que escribiron post no seu blog persoal preguntándolle por este tema, post que foron reiteradamente censurados.

Gustaríanos contar con algunha explicación razoable. Tanto para o que parece un evidente caso de plaxio, como para a súa aparente falla de vontade democrática e de capacidade de aceptación da crítica.

Reciba un cordial saúdo

Colectivo Eu Cambio a USC.