Fai cousa dunha semana un investigador da USC, un precario, sufriu un importante accidente no seu posto de traballo, inda non sabemos se finalmente quedará cego.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/03/23/0003_8373554.htm
As causas parecen un pouco difusas, podería de tratarse dun simple despiste, dunha casualidade nefasta por parte do noso precario. Pero tamén pode deberse á falta de investimento, aos equipos anticuados, á falta de medidas de seguridade, a falta de sensibilización contra a precariedade laboral e a ausencia constante dunha política real de prevención de risgos laborais no persoal precario.
O noso primeiro sentimento e de preocupación polo compañeiro ferido, pero logo diso temos que mostrarnos fondamente preocupados pola realidade das nosas instalacións: ¿isto pode pasar nun campus de excelencia internacional?
Nós creemos que non. Hai que facer moita autocrítica, e non precipitarse, pero coidamos que se deberían auditar as medidas de seguridade e evitar que poida volver a pasar isto.