miércoles, 31 de marzo de 2010

Ameazas contra a liberdade de Expresión e contra EuCambioaUSC

Dende que Eu Cambio a USC destapou o escándalo do plaxio da ex-conselleira e candidata a reitora da USC Dra. Laura Sánchez Piñón, o noso número de visitas e comentarios aumentou dunha forma extraordinaria.

Por fin o estudantado acadaba información coa que poder plantexar un análise crítico e contidos suficientes como para crear unha opinión pública entre o segundo sector da USC con máis importancia porcentual na elección do/a reitor/a da nosa Universidade.

Non é fácil plantarse ante o poder, tampoco foi fácil destapar os pagos a alumnos feitos polo candidato Fernández Prieto. Pero creemos necesario para a saúde democrática desta institución coñecer todos estes sucesos.

Nos últimos días houbo algún comentarios neste blog suxeríndonos que deixaramos o tema do plaxio e a compra de voto, agora tamén recibimos algúns correos electrónicos onde se nos di que nos convén deixar estes temas de moi diversas formas e a través das máis variopintas suxerencias: pois ben, non o imos facer.

Fernández Prieto pagoulle a alumnos nunha reunión de campaña, e Laura Sánchez Piñón cometeu un plaxio. Non calaremos, non nos plegaremos a ameazas, e dende logo non deixaremos que os "matones" dun ou outro candidato nos amedrenten. Nese senso continuaremos desvelando todo aquelo que creamos desafortunado en calqueira dos 6 candidatos, sexa quen sexa, caiga quen caiga, danos o mesmo que o candidato fora ou sexa: decano, vicedecano, vicereitor, conselleiro, director xeral, director de departamento ou Papa de Roma.

Nós non nos calaremos, e esperamos que ti tampouco.

Grazas a todos por facer deste blog que naceu nunha tarde de cafetería o éxito que é.

Agora máis que nunca colaborade cos vosos artigos en eucambioausc@gmail.com

martes, 30 de marzo de 2010

En que investimos? En seguridade dende logo non.

Fai cousa dunha semana un investigador da USC, un precario, sufriu un importante accidente no seu posto de traballo, inda non sabemos se finalmente quedará cego.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/03/23/0003_8373554.htm

As causas parecen un pouco difusas, podería de tratarse dun simple despiste, dunha casualidade nefasta por parte do noso precario. Pero tamén pode deberse á falta de investimento, aos equipos anticuados, á falta de medidas de seguridade, a falta de sensibilización contra a precariedade laboral e a ausencia constante dunha política real de prevención de risgos laborais no persoal precario.

O noso primeiro sentimento e de preocupación polo compañeiro ferido, pero logo diso temos que mostrarnos fondamente preocupados pola realidade das nosas instalacións: ¿isto pode pasar nun campus de excelencia internacional?

Nós creemos que non. Hai que facer moita autocrítica, e non precipitarse, pero coidamos que se deberían auditar as medidas de seguridade e evitar que poida volver a pasar isto.

Laura Sánchez plaxia a reitor da UPF

Gracias ao amigo Vladi, temos este vídeo:

sábado, 27 de marzo de 2010

Sin noticias de Laura




Como comentabamos no noso post anterior, onte enviámoslle un mail á Ex-Conselleira, e candidata a reitora da USC, Laura Sánchez Piñón.

Nela preguntabámoslle abertamente se podería darlle aos nosos lectores e aos estudantes da USC en xeral algunha explicación de por qué copiou na súa carta aberta á comunidade universitaria na que nos comunicaba oficialmente que se presentaba a reitora... unha serie de "Corta y pegas" que fixo.

Copiando o saludo do reitor da Universidade Pompeu Fabra de Bcn, ou copiando algunhas ideas e saudaciones da web das "hermanas teresianas".

Lamentablemente a ex-conselleira decidiu obviarnos e non respondernos... seguiremos insistindo... hoxe reiteraremos o mail, a ver se así...

EuCambioaUSC

viernes, 26 de marzo de 2010

Carta a Sánchez Piñón

Hoxe aproximadamente ás 6 da tarde, enviámoslle a carta que adxuntamos a ex-conselleira e candidata a reitora Laura Sánchez Piñón. Queríamos que explicara por qué copiou fragmentos da carta de presentación do Reitor da universidade Pompeu Fabra de Cataluña e da web das hermanas teresianas na carta coa que anunciaba que se presentaba a reitora da USC.

Mandámollelo aos seus dous mails, un o rebotou o servidor, do outro inda estamos esperando respota.

¿Respostará?

Prezada Candidata Dra. Sánchez Piñón

Eu Cambio a USC é un colectivo independente de alumnos da USC que a través do noso blog http://www.eucambioausc.blogspot.com estamos intentando servir de altavoz das carencias e disfuncións da nosa universidade. Como colectivo independiente e non institucionalizado, creemos na participación activa dos estudantes no proceso político de elección do novo reitorado da USC dende unha posición crítica e en función, exclusivamente, dos intereses dos estudantes.

Uns cantos estudantes da USC quixeron publicitar a través do noso blog que na súa carta de presentación como candidata á Reitoría da USC copiou literalmente varios párrafos do saludo institucional do Reitor da Universidade Pompeu Fabra, ou da web da congregación das hermanas teresianas.

Ao longo dos últimos días foron moitos os estudante que nos informaron de que escribiron post no seu blog persoal preguntándolle por este tema, post que foron reiteradamente censurados.

Gustaríanos contar con algunha explicación razoable. Tanto para o que parece un evidente caso de plaxio, como para a súa aparente falla de vontade democrática e de capacidade de aceptación da crítica.

Reciba un cordial saúdo

Colectivo Eu Cambio a USC.

Vídeos dun seguidor de eucambio

Envíannos a seguinte mensaxe. Seica queren darlle caña aos sindicatos de estudiantes, e algo de razón levan, cada quen que saque as súas conclusións.

Apertas

EuCambioaUSC

É evidente que lle
Hola,

Os mando unos videos, si os resultan interesantes, podriais colgarlos en vuestro blog?

Quiero aclarar que no tengo nada en contra de la persona que representa a IESGA, pero lo que dice son falsedades y bien se nota que habla por boca de sus jefas, no por el interés de todos nosotros, estudiantes de la USC.

Cada seguidor de euCambio que saque sus propias conclusiones ...como dicía Schopenhauer: contra negantem principia non est disputandum (no es necesario discutir con alguien que niega los principios).


Gracias ¡

XXX

I parte




II parte

martes, 23 de marzo de 2010

Unha candidata moi copiona

Están chegándonos ao mail (señal de que siguen o Facebook e leen o noso blog) diferentes mensaxes dos candidatos a Reitor.

Onte chegounos o de Laura Sánchez Piñón, a anterior conselleira de educación, culpable dunha das maiores subidas de tasas da historia e a persoa que lle negou a universidade Pública galega un novo plan de financiación. Pois ben.

Vos imaxinades a carta de presentación á Comunidade Universitaria, dunha candidata que quere ser reitora, onde:

-entresacamos parrafos moi "rimbombantes" (en NEGRITA)
- os traducimos ao castelán (entre comillas)
- e os metemos no google ...

tachín tachán...

Comezan a aparecer en textos doutras universidades (programas electorais, presentacións institucionais) e incluso na páxina web das hermanas trinitarias (nosotros nos derretimos especialmentecon lo de "o saber impregna o noso modo de ser e facer")

Pues ahi va, cada un que saque as súas propias conclusións.




----- Original Message -----

From: Laura Sánchez Piñón

To: laura.sanchez.2010@usc.es

Sent: Monday, March 22, 2010 4:23 PM

Subject: Candidatura de Laura Sánchez a Reitoría da USC





Estimados compañeiros:

Quero compartir con vós un momento de especial significado para min. No día de hoxe veño de oficializar, no Campus de Lugo, a miña candidatura ao Reitorado da nosa Universidade, un momento moi emotivo que me fai evocar outros moitos da miña traxectoria académica: o día en que comecei a dar clase; os primeiros traballos en equipo, e a data na que optei á cátedra, entre outros.

Momentos como o de hoxe lévanme a afirmar que Universidade é algo máis que docencia e investigación. É cultura, participación, solidariedade e vida universitaria e, sobre todo, un ánimo convencido de que o saber impregna o noso modo de ser e de facer.

Estou certa de que con este paso comezo a devolverlle á Universidade todo o que ela me aportou: formación, carreira científica, experiencia en xestión e ilusión; a ilusión que cada día definiu todas aquelas actuacións que fun desenvolvendo e que me aportou a forza necesaria para deseñar e acometer o proxecto que agora lidero.

Trátase dunha proposta, que se centra nas persoas e na participación de todos vós, un proxecto avalado por aqueles que senten e aman a universidade e que ven no seu futuro compromiso co coñecemento, revalorización da investigación e proxección internacional, todo isto, sen esquecer o verdadeiro eixo do noso esforzo: o alumno.

Por iso nos marcamos como obxectivos fundamentais formar profesionais e cidadáns responsables e comprometidos cos valores do civismo e que contribúan ao desenvolvemento da investigación, da cultura , do saber , que representan os motores do progreso social do século XXI.

Estou segura de que nas próximas datas teremos ocasión de poder afondar nestas e noutras cuestións e de que as vosas opinións e formas de ver a realidade contribuirán a seguir construíndo Universidade, a CREAR FUTURO.

Un cordial saúdo,

Laura Sánchez Piñón

Catedrática de Xenética







“es cultura, participación, solidaridad y vida universitaria”



“el saber impregna nuestro modo de ser y de hacer”



“formar profesionales y ciudadanos responsables y comprometidos con los valores del civismo y que contribuyan al desarrollo de la investigación, de la cultura, del saber, que representan los motores del progreso social del siglo XXI"

jueves, 18 de marzo de 2010

Indignidade

Novo artículo dende o SUR, esta vez no monte da Condesa.

Estamos flipando... leede.

A semana pasada un candidato a Reitor (non daremos o nome para non facer proselitismo de ningunha candidatura) pediu reunirse cos estudiantes que viven alí para decirlles como ve el o futuro da USC, coñecer o estado dos servizos do SUR, etc.

Ao día seguinte outro candidato (do que SI daremos o nome e entenderedes por qué) ponse en contacto co director da Condesa e pídelle que ao día seguinte da reunión co primeiro candidato lle reuna a el tamén a un grupo moi concreto de alumnos.

Este Luns os alumnos que quixeron da condesa reuníronse co candidato número 1, falaron, escoitaron... o máis normal dentro da normalidade dun proceso electoral inmininente como é a elección de reitor na USC.

Os alumnos residentes no Monte da Condesa esperan que o martes sexa o mesmo pero con outro candidato, pero...non é así.

Só podían ir 18 alumnos seleccionados. E cando estes chegaron alí...topáronse cunha sorpresa... non os esperaba un candidato a Reitor... se non dous empregados dunha MARAVILLOSA EMPRESA DE MARKETING..

Preguntánronlles por logos de campaña bonitos, frases de campaña chamativas... pero o CANDIDATO A REITOR non apareceu por alí e non escoitou o que tiñan que decir os residentes porque os tomou por idiotas. A eles e a tódolos estudantes da USC.

E todos deberíamos estar completamente indignados. O candidato chamábase Lourenzo Fernández Prieto...e creemos que é moi importante que todo o alumnado da USC coñeza esta burla e libremente evalúe se é merecedor do seu voto ou non... Nós, dende logo, pensamos que non.

Estamos todos? de qué facultades somos?

Levamos un par de semanas de parón sen recibir moita cousa no correo. ¿Qué pasa?
¿estamos todos? Imos intentar coñecernos un pouco... de qué facultades sodes???

martes, 16 de marzo de 2010

Algo máis do SUR

Estivemos analizando pormenorizadamente algunhas cuestións relacionadas co noso servicio de Residencias, e enterámonos de algunhas cousas moi chamativas.

En primeiro lugar temos unhas 50 habitacións baleiras en todo o SUR, pero temos unha lista de agarda de máis de 300 persoas.

En segundo lugar os consellos das residencias, onde están representados tódolos residentes non pintan nada. Non teñen ningunha función, só a de dicir amén a o que decida o vicerreitor de turno. Personaxe do que xa falamos moitas veces.

¿Por qué os residentes non poden opinar sobre a xestión da súa residencia?

viernes, 5 de marzo de 2010

Reitor Barro, elegante del año 2010

Chéganos un post moi bo...



Efectivamente o Reitor Barro, está nominado a elegante del año.

Nosotros le deseamos suerte en su nueva faceta, así como que le dedicamos esta canción

Sos tan fashion siempre en el molde
No te queres perder nada Y te perdiste de todo.
It's okay It's okay Esta bien'
Sos tan fashion Siempre en buena compañía
No te diste cuenta Y te perdiste la mía.
It's okay It's okay Esta bien'
Estas tan in Que no encontras la salida
Imperio insoportable Que ya es tu vida.
It's okay It's okay Esta bien
Sos tan Glam Que te sentas de dorapa
Y con las nuevas tendencias Sos mas papista que el papa
Estas tan guau Estas en el tapete
Y no queres que nadie Te baje el copete
It's okay It's okay Esta bien'
Allá vos Aquí yo
Cuando quieras yo te espero
Yo te espero
Cuando quieras yo te espero
Hay mucha gente
Caminando sola por la ciudad
Nadie los mira
Pero vos y yo sabemos que están
Porque te cuesta tanto Ver que sos uno más'
Hay tantos sueños
Caminando ciegos por la ciudad
Nadie los mira
Pero vos y yo sabemos que están
Porque te cuesta tanto Ver que sos uno más
Uno mas, uno mas, uno más
Uno mas, uno mas, uno más.
Sos tan facho Siempre de uniforme
Haciendo tanto esfuerzo tu voluntad es enorme
Tu moderno, es tan antiguo
Y tu odisea en el espacio tan 2001.
Terminooo.
It's okay It's okay Esta bien
Esta bien esta bien it's okay.
Todos de blanco ahora todos de azul
Mañana todo amarillo, pasado todos de tul.
Sos tan fashion, sos tan facho
It's okay It's okay It's okay It's okay
Esta bien esta bien Esta bien esta bien
Tan fashion tan tan fashion
Tan tan in, tan tan in.
It's okay It's okay Esta bien
Esta bien esta bien it's okay

Estar na universidad: Cosa de monos

miércoles, 3 de marzo de 2010

charla Precarios

Os compañeiros de Precarios nos remiten esta información.

• 17:00 - Charla de presentación da Asociación de Mozos Investigadores Precarios-Galicia e posterior debate sobre a carreira investigadora
Facultade de Física (Santiago)