miércoles, 30 de diciembre de 2009

Felicidade e Grazas

Moi boas. En primeiro lugar permitídenos que nos felicitemos polo rotundo ÉXITO deste blog. En apenas un mes de existencia temos 180 fans no facebook e 550 visitas; creemos que este é o camiño axeitado para crear debate e opinión, e así mudar as cousas.

Permitídenos que vos felicitemos polo novo ano, esperando que sexa o ano do cambio de rumbo da Universidade de Santiago de Compostela, converténdoa nun modelo para a Universidade pública.

Ese é o noso desexo para o aninovo, e esperamos que o compartades con nós.

Moitas grazas por todo, polas vosas visitas, opinións, amistades, e sobre todo polo voso interés e o voso apoio.

Apertas e feliz aninovo.