A USC cada día se parece máis a unha liguilla de fútbol rexional.
Resulta que dende fai algúns anos xa se viñan desenrrolando Máster do tipo Bolonia na USC. Tódolos seus alumnos o facían integrados dentro do terceiro ciclo.
É dicir, tiñan tódalas ventaxas de ser alumnos de terceiro ciclo; un préstamo de libros inmenso, posibilidade de solicitar postos reservados ó investigador nas aulas de estudo (despachiños como os da primeira planta de Concepción Arenal), bolsas específicas etc.
Pois ben. Según nos comenta a través dun correo electrónico un alumno de máster da USC, a mediados de novembro se baixou de división a tódolos alumnos de máster da USC.
¿cómo é isto? Moi sinxelo. O vicerreitorado de Espazo Europeo de Educación Superior decidiu que tódolos alumnos de máster da USC serían alumnos non de terceiro ciclo, senon de segundo, inda que levaran así 3 anos, e que comezaron o curso 2009/2010 como alumnos de terceiro ciclo.
¿a qué se debeu todo isto? Boa pregunta... Só sabemos que para a USC TITULADOS SUPERIORES (Licenciados e enxeñeiros) que están estudando un máster oficial na USC agora son considerados por esta como estudantes de segundo ciclo, como se volvesen a terceiro de carreira vamos... algo que no nestá acontecendo en ningunha outra universidade España.
Pero se son de segundo ciclo, por qué os máster oficiais aparecen na www.usc.es como parte do terceiro ciclo???, por qué o ministerio lles concede bolsas de 3º ciclo???
A qué ven esta baixada de división????
¿estamos nunha universidade de 2ªB???????