Chégannos novas informacións dende os nosos corresponsais no campus de LUGO:
Inminente feche do servizo de reprografía na facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo...
Ó parecer nesta facultade e noutras do campus de Lugo preténdese eliminar de modo definitivo o servicio de fotocopiadoras para reducir o gasto. Una nova política da USC que acarrexará algún despido por parte de la empresa concesionaria, UNICOPIA.
Aquí temos un novo exemplo da política de PRESUNTA CALIDADE que se leva a cabo dende fai tempo na USC.
Por unha banda temos toda unha retaíla de presuntas intencións e boas palabras; a USC da PRESUNTA calidade é a mesma USC que REALMENTE deixaranos sen poder facer fotocopias dentro dos centros e sen posibilidade de ir a recoller na nosa propia facultade os apuntes que deixen nela os profesores...
Unha USC que desatende ós DEREITOS básicos dos alumnos -e agora tamén dos docentes-, e ademáis reduce custos despedindo a xente... bravo pola USC.
Fai falla denunciar en qué se gastan os cartos no equipo reitoral, e onde non os gastan!
Señor Reitor, por favor, ¡responsabilidade!
Unha proba máis de que hai miles de cousas que cambiar na USC.
Hoxe será en Lugo, pero quizá mañán sexa nos Campus de Santiago.....
Vós non sei, ¡¡Eu cambio a USC!!