domingo, 10 de enero de 2010

O máster docente

Nestas vacacións de nadal chegáronnos moitísimas queixas de alumnos de Xeografía, Historia da Arte, Historia e as carreiras de Ciencias Experimentais co asunto do novo máster docente que sustitúe ó CAP, unha cousa necesaria se alguén se quere presentar a unhas oposicións para dar clase nos institutos.

Resulta que hai moi poucas prazas, moitísimas menos que alumnos, 20 por cada itinerario e da orde de máis de 100 demandantes... novamente estamos ante unha falta constante de presión por parte da USC.

O máis lamentable de todo e que os responsables institucionais da USC, NEGAN ter ningún tipo de capacidad de decisión ou de presión para mellorar a situación; dito doutra forma, negan a súa responsabilidad diante dos alumnos da USC, diante da RAZÓN de SER da Universidade: ensinar, e integrar no mercado laboral.

Dende aquí queremos dar cabida a tódalas protestas que os alumnos das carreiras de CC.SS e das CC. Experimentais queiran facer.

ESTE É UN TEMA QUE HAI QUE CAMBIAR CON URXENCIA.

¡¡CAMBIO NO MÁSTER DOCENTE!! ¡¡CAMBIO NA USC!!