Hoxe Lourenzo Fernández Prieto volveu saltar o manual de cortesía e boas prácticas dos candidatos a Reitor da USC.
Na súa clase de "Historia do Mundo Actual 1936-1975" avisou aos seus alumnos de que non volvería por clase durante un mes por mor da súa candidatura ao reitorado da USC.
Máis aló de que aparenta que o profesor Fernández Prieto non parece telas todas consigo para pasar á segunda volta na carreira a San Xerome (tería que dicir que non aparecería a dar clase en dous meses de ser así) chámannos a atención varios dos comentarios que fixo na clase.
En primeiro lugar, non é decoroso que, sepamos nós, o resto dos candidatos (independentemente de cores, nomes, plataformas, afinidades,etc) teñan que fastidiarse e dar tódalas súas horas de docencia mentres que este señor parece ter renunciado a cumprir co seu traballo por mor da súa candidatura a reitor.
En segundo lugar non é decoroso dicirllo así oas teus alumnos: parece unha insinuación á petición de voto na aula que queda fora de calqueira manual de boas costumes ou de respeto polas regras de xogo democrático.
En terceiro lugar invitar aos alumnos a facerse FANS teus no facebook e no Tuenti cando vas ter que poñerlles unha nota á volta das eleccións tampouco parece a decisión máis adecuada de cara a manter un mínimo decoro. Inda que tampouco pódenos extrañar despois de terlle dado 20€ a cada un dos asistentes a unha reunión da súa campaña no monte da Condesa á que nin sequera se dignou en ir, senon que enviou a unha empresa chamada "A Navalla Suiza".
Así, todo parece indicar que pouca xente lle respondeu á carta que enviou a unha chea de membros da comunidade universitaria solicitando cartos, pois parece que agora quere comprar votos sen cartos, facendoo a través de dar a entender certo colegueo e a posibilidade dun aprobado fácil...
As cousas non se poden facer así, e esperamos que ningún dos outros 6 candidatos copien estes feos costumes do candidato Fernández Prieto, que descubriu que hai moitas formas de comprar os votos, ate sen cartos.