domingo, 11 de abril de 2010

detidos por manifestarse

No 2008, 3 estudantes da USC do campus de Lugo foron detidos durante unha concentración de protesta contra o plano Boloña na USC. Un dos policias que os detivo os denunciou por lesións "nos nudillos".

O reitorado de Senén Barro con Lourenzo Fernández Prieto como vicerreitor e a consellería de educación da Xunta de Galicia naquel momento en mans de Laura Sánchez Piñón, apoiaron que se tratase coa "Maior dureza posible" a estes estudantes.

Pois ben xuízo aos nosos tres compañeiros de Lugo é o próximo luns día 12 de abril as 10 horas da mañá no xulgado numero 1 de Lugo. É o momento de mostrar que o estudantado está unido, así, convocamos unha concentración de apoio aos nosos compañeiros á mesma hora do xuízo.

Queremos xustiza cos nosos compañeiros! Súmate e difunde!

Adxuntamos un link á prensa para que coñezades un pouco máis deste caso.

http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2010/04/10/0003_8408302.htm