Ante as ameazas recibidas contra EuCambioaUSC e contra a Liberdade de Expresión, dicimos que NON nos van a calar. A virulencia da súa mordaza, confirma que comezamos o camiño da participación, da transformación universitaria, chea de esperanza e liberación. NON posúen ningún instrumento para poñernos na boca e facernos calar.
Así mesmo neste video faise un adianto dos próximos documentais: PLAXIO II, que afecta á reitorábel Sánchez Piñón (SP); e AFFAIRE CONDESA que afecta ao reitorábel Fernández Prieto (FP). Entenda o reitorábel FP affaire coma un "negocio, asunto ou caso ilícito ou escandaloso".
Seguimos como ate agora, todo polo privado e sen facerlle caso aos "comentarios anónimos" que interesadamente deixan neste blog. NON SON UNIVERSITARIOS, SON MERCEN(d)ARIOS. Por estipendio sirven, están ao servizo, dun poder extranxeiro, que non é a Universidade. Sabemos que reciben unha paga ou remuneración polos seus servizos.
Comezamos unha Revolución Verde, que nin se pode parar nin se pode deter. Animamos a que sigades visitando este Blog, así coma que invitedes aos vosos contactos a seguirnos no FaceBook.
Adiante ¡
Venceremos Nós ¡
Enróla-TE Enrólla-TE.
Difunde EuCambioaUSC entre os teus compañeir@s