lunes, 30 de noviembre de 2009

Prezos públicos nos servizos universitarios


E digo eu, é lóxico que as fotocopiadoras que teñen o servizo de reprografía nos distintos centros da USC, apliquen unhas tarifas máis elevadas que as que podemos atopar fora da universidade?

Servizos básicos, coma estes ou por exemplo o de cafetería, deberían ter un custe moito menor do que temos hoxe en día na USC.

¿por qué é máis barato un menú do día nunha cafetería universitaria de OSLO en Noruega que en Santiago de Compostela? ¿teñen eles menos cartos no peto?

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Desidia en Lugo




Primeiro post que nos chega dende Lugo...

-------------------------------------------------------------------------



A Escola Infantil de Lugo, hai anos que o edifico está rematado e dotado con material ... pero segue pechada, mais ben agora xa precisaría de amañarse unha obra nova sen estrear.

Mentras asistimos á desidia dos responsables da universidade, que tiran balóns fora xustificando que non depende deles. E levan prometendo e así ven recollido nos últimos programas electorais, a súa posta en funcionamento.

Falemos pois de iguais servizos nos dous campus da USC. Ou da desidia neste, coma noutros casos, do goberno da USC.

Comezamos?

jueves, 19 de noviembre de 2009

Rexistro Xeral ou Rexistro único??

Estamos asombrados ante o éxito deste blog, ¡¡150 visitas nunha semán escasa!! e, ademáis, unha nova contribución que nos enviou un de vos a eucambioausc@gmail.com
....GRACIÑAS¡¡

................................................................................

Fai uns meses acompañei a un colega que quería presentarse ás bolsas das aulas de informática da USC. Ata ahí todo ben, o rapaz cubriu os papeles e vía, tiña que entregar unha copia de cada solicitude no correspondente centro, polo que nos diriximos ó rexistro xeral da USC en San Xerome.

A parte graciosa de todo chegou cando fumos entregar os papeles e nos comentaron que tiñamos que entregar esa convocatoria directamente en cada centro, e non o podiamos facer perante o rexistro xeral por cousas da redacción da convocatora.

Evidentemete, era o último día e non faltaba moito para as 14:00 momento en que tódalas secretarías de tódolos centros deixan de recibir papeleo por rexistro, baixando a ventá e soltando o roio de que as normas son as normas, “vuelva usted mañana”, etc.

Así que tivemos que dividirnos, cada un partiu correndo en dirección a cada campus e a facer de emisarios, como se foramos de Telepizza.

Evidentemente, que o famosos rexistro xeral teña excepcións fastidia bastante, non parece moi lóxico que teñas que ir centro por centro metendo algo por rexistro porque unha convocatoria determinada teña problemas de redacción. Agora ben, ten sentido que un teña que sair do seu centro e darse un paseo que pode ser moi largo para meter algo polo rexistro xeral da USC tendo rexistros en cada centro e un maravioso servicio de correo interno ou de intranet???

Hoxe por hoxe nin sequera parece lóxico que non exista a posibilidade de presentar instancias a través dunha aplicación web.

Por qué cada rexistro de centro non pode ser unha delegación do Rexistro Xeral, por qué non pode haber un REXISTRO ÚNICO??

Por qué non pode haber un REXISTRO WEB??

lunes, 16 de noviembre de 2009

a ORA nos campus de Santiago


Por empezar por algún lado, empezaremos polo campus Sur da USC. Probablemente sexa o que conta cun maior número de matriculados, e quizá por elo o que conta cun maior número de alumnos descontentos e cabreados suspirando por un cambio de rumbo nesta universidade.


Pero nos centraremos só, nun dos seus problemas: aparcar o coche ou a bici.


Como ben sabedes, como vivades un pouco lonxe e collades o coche para ir a clase vos ides topar co problema de ónde aparcar. E se vivides nunha das residencias do campus e mellor deixar o coche na casa que pagar o imposto revolucionario da ORA durante toda a semana.



Non sei a vós, pero a nós parécenos de xulgado de garda que a ningún dos intelectuais do Reitorado se lles ocurrise xamáis chegar a algún tipo de acordo co concello de Santiago para que os estudantes tivésemos, polo menos, un desconto nas tarifas da ORA. O seu sería que puidésemos aparcar onde nos dera a gana dentro do campus mentres imos a clase ou á biblioteca, inda que como sabemos en mans de quen estamos, nin se nos ocorre pedir tanto.




Inda así, como mínimo, debemos reclamar que exista unha “tarxeta de estudante” que permita ós estudantes con vehículo propio poder aparcar no campus SUR por 0€ ou por unha reducción sustancial do importe. Sería unha boa solución que nos axudaría a moitos a chegar un pouco mellor a fin de mes. Evidentemente non pedimos peras ó olmo, pero si pasos reais cara a solución de problemas reais, e podo asegurarvos que na USC temos moitos e moi importantes.


Algo parecido acontece cos aparcadoiros para bicis, só que neste caso temos que ir ata o quinto inferno para aparcar nalgún no que haxa sitio e non esté na periferia da nosa cosmopolita cidade.


En fin, isto é unha simple mostra de cómo estamos e como funcionan as cousas.


Esperamos os vosos comentarios¡¡











domingo, 15 de noviembre de 2009

A nosa proposta de CAMBIO


Hoxe é un día deses nos que non apetece sair da casa, choiva e máis choiva. Aquí estamos, catro estudantes da USC debatindo sobre ela, e agora, facéndote participe a tí do noso debate.


Pertencemos a catro centros moi diferentes da Universidade de Santiago, cada un dun dos catro campus da USC, o de Lugo, e os tres de Santiago de Compostela: histórico, norte e sur.


Dímonos conta que tanto ó nivel da USC como de cada un dos nosos centros as cousas funcionan dunha maneira moi diferente a como deberían. Dende logo os estudantes non somos os protagonistas da vida académica da nosa universidade, e só chegamos á categoría de víctimas dentro da pesada máquina burocrática desta.


Non sabemos o que pensarás tí, pero nós estamos fartos. Creemos que esta universidade ten aínda moitísimo que mellorar e decidímonos a dar o paso, queremos axudar a mellorala, queremos cambiala.


Hai que poñerse mans á obra, a partir de agora pretendemos que este sexa un blog no que todos aqueles estudantes da USC que nos sintamos fartos de que as cousas funcionen así teñamos un espazo de debate e de denuncia. Un espazo de mellora e cambio.


Compañeiros a USC necesita un CAMBIO.


Nós xa o decidimos, qué nos dis? CAMBIAS A USC?


Ponte en contacto con nós, queremos contar co maior número de contribucións do maior número de estudantes, de tódolos campus e centros