domingo, 31 de enero de 2010

Cafeterias da USC, Servizo ou negocio?

Moitas das nosas ganas de cambiar, vense reflexadas nos servizos de cafeterías da USC, que queremos que sexa entendido pola universidade coma un SERVIZO e non un negocio de hostelería.

Xa vemos como suben os prezos (non dacordo ao IPC) e cal é a lista básica de produtos: donuts, palmeras ... por non dicir que a abreviatura de gramos, Vicerreitor Mayan, é simplemente a letra g, e non grs.

- Onde están a froita? e os lacteos?

É curioso, falan de dieta atlántica ... e ven con bos ollos un produto básico de consumo a pastelaría industrial (donuts, palmeras ...)

- Que é iso de barra/mesa?
non debería ser un so prezo, e a xente que quere sentarse nunha mesa, que o faga, e despois colabore levando o vaso, taza ou prato ao mostrador?

- Non vos parece prezos para nada "universitarios"?

Non vamos contra das persoas que traballan nas cafeterías ... pero teñen que entender que so nos move a ansia de mellorar o servizo.

Por iso vos propoñemos que entre todos fagamos unha lista do que deberían ser os produtos básicos dunha lista e os seus prezos.

Así como outras cousas, ideas ... que poderían implementarse. Por ex., debería de ser totalmente normal e natural que aquela xente que veña co tupperware e o seu xantar ou bocadillo da casa, puidera facer uso das cafeterías ... podería ser posible instalar fornos microondas. Agora, en moito cafeterías da USC, tes a sensación de que se vas coa túa comida, é como noutro bar-hostelería calquer, que non se pode facer.

Cambiamos a USC ¡


P.D: No noso facebook adxuntamos os pdf cos prezos das cafeterías dos cursos 07/08 e 08/09, alí poderedes ver como a suba é superior ó incremento do IPC.

martes, 26 de enero de 2010

Pero si somos uns privilegiados!!!

Hoxe o Señor Mayán Santos, Vicerreitor do que depende o SUR fixo unhas maravillosas aportacións á historia das barbaridades cometidas contra a comunidade universitaria.

Fai dous días denunciamos aquí a falta de AUGA QUENTE no COLEXIO MAIOR SAN CLEMENTE.

Pois ven, hoxe este vicerreitor en declaracións a "Hoy por hoy, Santiago" da cadena SER asegurou que esa xente non debería queixarse por que EL XA SABE QUE NON HAI AUGA QUENTE, e NON DEBERÍAN QUEIXARSE PORQUE AGORA E VIVE MOI BEN e os residentes do SUR son uns PRIVILEXIADOS...

Por favor... a ver se con un pouco de sorte remata pronto a xestión deste equipo reitoral...

Reitor e Vicerreitores da USC, CAMBIO XA!!!!!!!!!!

domingo, 24 de enero de 2010

O Auga quente e a cervexa Fría

Os nosos corresponsais no Servizo Universitario de Residenzas (SUR) traennos unha nova,,,están sen servizo de Auga Quente nos colexios maiores do Campus Sur.

Calquera que pase hoxe polas inmediacións dos colexios verá cal é a triste realidade dun servizo indispensable da nosa USC e que sen embargo ven sendo compretamente esquecido durante os últimos anos...

Máis ala do mellorable estado dos colexios maiores do SUR, agora nin sequera contan con auga quente en algún dos centros... ¿cando acabará o estado de abandono do Servizo Público de Residencias?

Non o sabemos, secadra fai faia que os estudantes cambiemos o CHIP e decidamos CAMBIAR A USC

viernes, 22 de enero de 2010

Lugo continúa sen fotocopiadoras

É tempo de exames e en Lugo as fotocopiadoras dos centros están pechadas. O outro día descubrimos que un profesor estaba preocupado por como ía lograr fotocopiar os seus exames, ¿como facelo sen botar media mañán de paseo?

A resposta da USC e da empresa contratada foi "mándenos por mail os exámenes e xa llos imprimimos e llos reenviamos ó centro".

Así que xa sabedes, se estudiades n ocampus de Lugo e coñecedes a alguén que traballe na empresa de reprografía concesionaria...Que vos pasen os exames!! Ou polo menos que volos vendan a baixo precio!!!

O fecha das fotocopiadoras de Lugo, só ten un nome: TOMADURA DE PELO e ESTAFA ós ALUMNOS, e agora tamén ós PROFESORES.


¡¡¡Reapartura inmediata!!

sábado, 16 de enero de 2010

O SUR da USC

Estes días chegáronnos un par de queixas sobre o SUR da USC. É dicir, o Servicio Unniversitario de Residenzas da nosa ben amada USC.

E parece que hai moitas cousas que cambiar no SUR...

Seica todos pensábamos, porque todos tivemos algún colega ó que lle pasou, que o SUR tiña que estar repleto de xente pq quedaba xente fora del... tiña que estar repletiño vamos.

Pero parece ser que non é así, hai habitacións baleiras na maioria das nosas residencias públicas, ¿cómo se come iso cando hai xente que se queda fora de entrar nelas?

Cómo se come que haxa déficit de limpeza e de arranxos en moitas delas?

Cómo se come que haxa persianas rotas dende fai anos en Monte da Condesa?

Cómo se come que os residentes de San Clemente lle pasara un escrito a USC coas súas queixas e a USC non faga nin caso?

Cómo se come todo isto?

Cómo se come que Senén Barro actual reitor se desfixera da Residencia Universitaria Monte do Gozo existindo unha alta demanda de plazas en residencias públicas na USC?

Algo temos que cambiar no SUR da USC!!!!

domingo, 10 de enero de 2010

O máster docente

Nestas vacacións de nadal chegáronnos moitísimas queixas de alumnos de Xeografía, Historia da Arte, Historia e as carreiras de Ciencias Experimentais co asunto do novo máster docente que sustitúe ó CAP, unha cousa necesaria se alguén se quere presentar a unhas oposicións para dar clase nos institutos.

Resulta que hai moi poucas prazas, moitísimas menos que alumnos, 20 por cada itinerario e da orde de máis de 100 demandantes... novamente estamos ante unha falta constante de presión por parte da USC.

O máis lamentable de todo e que os responsables institucionais da USC, NEGAN ter ningún tipo de capacidad de decisión ou de presión para mellorar a situación; dito doutra forma, negan a súa responsabilidad diante dos alumnos da USC, diante da RAZÓN de SER da Universidade: ensinar, e integrar no mercado laboral.

Dende aquí queremos dar cabida a tódalas protestas que os alumnos das carreiras de CC.SS e das CC. Experimentais queiran facer.

ESTE É UN TEMA QUE HAI QUE CAMBIAR CON URXENCIA.

¡¡CAMBIO NO MÁSTER DOCENTE!! ¡¡CAMBIO NA USC!!