Eu Cambio a USC naceu no mes de novembro como unha iniciativa dalgúns estudantes da USC para mellorar esta institución.
Pero dende que se disparou o proceso eleitoral ao Reitorado da USC comezamos a recibir fortes críticas por termos desvelado o "affaire Condesa" no que o candidato a Reitor Lourenzo Fernández Prieto pagou a alumnos por acudir as súas charlas, e o "caso da candidata copiona" no que desvelamos que a candidata a Reitora Laura Sánchez Piñón plaxiou a súa carta de presentación como candidata á comunidade universitaria da web institucional do reitor da universidade Pompeu Fabra.
Estas críticas por parte das equipas de campaña destes candidatos foron moi fortes, insultado aos blogmaster de Eu Cambio, ameazandoos a traves de mails anónimos, etc. e como non... a través de comentarios anónimos no noso blog.
Pois ben, nós creemos que Eu Cambio non é anónimo, que os nosos seguidores non son anónimos por ilo vos pedimos máis participación nos nosos foros do facebook e nos nosos comentarios do blog.
Apertas
Equipa Eu Cambio a USC.